27.3.07

Bases da segunda edición















  1. Poderá participar no 2º Concurso Galego de Deseño de Camisetas calquera persoa de calquera nacionalidade con residencia en España.

  1. O concurso premia o mellor deseño realizado utilizando como soporte unha camiseta, con total liberdade de técnica, material e tema, sempre e cando, de usárense as imaxes ou textos, estes non sexan inxuriosos nin pornográficos. As camisetas empregadas serán modelos comerciais en tela, de calquera tipo e talla. Se o deseño inclúe textos, estes deberán estar escritos en lingua galega.

  1. Cada concursante pode presentar un máximo de dous traballos.

  1. Os traballos irán acompañados dun sobre pechado que indique no exterior o título da obra e que inclúa no interior a seguinte documentación:

    • título da obra presentada,

    • nome completo do participante,

    • domicilio,

    • teléfono,

    • dirección de correo electrónico,

    • fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia.

No caso de presentar dous traballos, cada un acompañarase dun sobre cos datos, identificando claramente de que traballo se trata.

  1. A data límite de entrega dos traballos é 31 de maio de 2007.

  1. Os traballos poderán entregarse na seguinte dirección:

Centro Cultural Municipal do Porriño
Rúa Domingo Bueno, 9
36400 O Porriño (Pontevedra).


O horario de entrega é de 9:00 a 21:00 horas de luns a venres. No caso de ser enviados por correo postal, no exterior do sobre debe figurar a lenda “100% Algodón, 2º Concurso Galego de Deseño de Camisetas”. Tamén se poderán enviar a:

Asociación Cultural Arela
Aptdo. de Correos 232
36400 O Porriño (Pontevedra)

  1. Concederase dous premios: o primeiro dotado con seiscentos euros (600 €) e o segundo dotado con trescentos euros (300 €). O xurado resérvase o dereito de declarar deserto algún dos premios ou os dous, así como conceder mencións especiais, que non terán retribución económica.

  1. O xurado estará formado por cinco persoas de diferentes ámbitos, ademais dun membro da Asociación Cultural Arela, que exercerá de secretario sen voto.

O fallo farase público antes do 30 de xuño de 2007. Darase a coñecer nos medios de comunicación, ademais de comunicarse persoalmente aos gañadores por teléfono ou correo electrónico.

  1. O traballo premiado quedará en propiedade da Asociación Cultural Arela, que se reserva os dereitos de uso, reprodución, exposición e comunicación pública.

  1. Todos os traballos presentados son susceptibles de ser expostos pola Asociación Cultura Arela en data e lugar por determinar, sempre no prazo de cinco meses dende o fallo do xurado.

  1. A presentación dun traballo a este concurso conleva a autorización expresa da súa reprodución e a citación dos nomes dos seus autores en calquera formato que se estime necesario para a divulgación do concurso, especialmente no referido á súa promoción, difusión, comunicación e exhibición, incluidos catálogos e páxinas web.

  1. As obras non premiadas poderán ser devoltas a petición dos seus autores, sempre pola súa conta, logo de pasados cinco meses dende o fallo do xurado e ata o 31 de decembro de 2007. No caso de solicitar a devolución por axencia de transporte, devolveranse a portes debidos.

  1. O feito de concursar supón a total aceptación destas bases. O xurado queda facultado para dirimir calquera eventualidade non prevista nelas.

O Porriño, marzo de 2007.