27.3.07

Bases da segunda edición















  1. Poderá participar no 2º Concurso Galego de Deseño de Camisetas calquera persoa de calquera nacionalidade con residencia en España.

  1. O concurso premia o mellor deseño realizado utilizando como soporte unha camiseta, con total liberdade de técnica, material e tema, sempre e cando, de usárense as imaxes ou textos, estes non sexan inxuriosos nin pornográficos. As camisetas empregadas serán modelos comerciais en tela, de calquera tipo e talla. Se o deseño inclúe textos, estes deberán estar escritos en lingua galega.

  1. Cada concursante pode presentar un máximo de dous traballos.

  1. Os traballos irán acompañados dun sobre pechado que indique no exterior o título da obra e que inclúa no interior a seguinte documentación:

    • título da obra presentada,

    • nome completo do participante,

    • domicilio,

    • teléfono,

    • dirección de correo electrónico,

    • fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia.

No caso de presentar dous traballos, cada un acompañarase dun sobre cos datos, identificando claramente de que traballo se trata.

  1. A data límite de entrega dos traballos é 31 de maio de 2007.

  1. Os traballos poderán entregarse na seguinte dirección:

Centro Cultural Municipal do Porriño
Rúa Domingo Bueno, 9
36400 O Porriño (Pontevedra).


O horario de entrega é de 9:00 a 21:00 horas de luns a venres. No caso de ser enviados por correo postal, no exterior do sobre debe figurar a lenda “100% Algodón, 2º Concurso Galego de Deseño de Camisetas”. Tamén se poderán enviar a:

Asociación Cultural Arela
Aptdo. de Correos 232
36400 O Porriño (Pontevedra)

  1. Concederase dous premios: o primeiro dotado con seiscentos euros (600 €) e o segundo dotado con trescentos euros (300 €). O xurado resérvase o dereito de declarar deserto algún dos premios ou os dous, así como conceder mencións especiais, que non terán retribución económica.

  1. O xurado estará formado por cinco persoas de diferentes ámbitos, ademais dun membro da Asociación Cultural Arela, que exercerá de secretario sen voto.

O fallo farase público antes do 30 de xuño de 2007. Darase a coñecer nos medios de comunicación, ademais de comunicarse persoalmente aos gañadores por teléfono ou correo electrónico.

  1. O traballo premiado quedará en propiedade da Asociación Cultural Arela, que se reserva os dereitos de uso, reprodución, exposición e comunicación pública.

  1. Todos os traballos presentados son susceptibles de ser expostos pola Asociación Cultura Arela en data e lugar por determinar, sempre no prazo de cinco meses dende o fallo do xurado.

  1. A presentación dun traballo a este concurso conleva a autorización expresa da súa reprodución e a citación dos nomes dos seus autores en calquera formato que se estime necesario para a divulgación do concurso, especialmente no referido á súa promoción, difusión, comunicación e exhibición, incluidos catálogos e páxinas web.

  1. As obras non premiadas poderán ser devoltas a petición dos seus autores, sempre pola súa conta, logo de pasados cinco meses dende o fallo do xurado e ata o 31 de decembro de 2007. No caso de solicitar a devolución por axencia de transporte, devolveranse a portes debidos.

  1. O feito de concursar supón a total aceptación destas bases. O xurado queda facultado para dirimir calquera eventualidade non prevista nelas.

O Porriño, marzo de 2007.

19 comentários:

María G disse...

Ola, gustaríame saber o formato no que hai que presentar os traballos.

Saúdos.

Arela disse...

Ola.
Neste concurso hai que presentar as camisetas rematadas.
Saúdos.

Unknown disse...

Hay posibilidad de ver los ganadores o participantes de la primera edición?

Gracias por la iniciativa.

Arela disse...

Ata que convocamos esta edición en marzo, todas as camisetas participantes na primeira edición estaban colgadas neste mesmo blog. O certo é que as retiramos para deixar todo o protagonismo á segunda edición, e agora mesmo non están visibles en ningún lugar. Dicirche que a variedade de propostas en canto a técnicas, temas, conceptos, etcétera era moi grande.
Saúdos.

Unknown disse...

Gracias por responder.
Yo voy a participar en este segundo certamen con un modelo de camiseta que ya tengo listo y en breve les enviare.
Pero si fuera posible si me gustaria poder ver algunos modelos del año pasado, aunque solo sea el ganador y el segundo puesto, aunque sea a nivel personal.
Les dejo mi direccion de correo por si esta fuera posible (djmg@eresmas.net).

Gracias.

Un saludo.

Anónimo disse...

que se premia ou valora? orixinalidade? texto ou serigrafía deseño? ...?
tense en conta o contido de texto algún?

Arela disse...

Este é un concurso de deseño de camisetas, polo que se valora o resultado final, a camiseta no seu conxunto. Non se busca ningún eslogan ou imaxe para ningunha finalidade concreta. En calquera caso, a decisión final sairá do xurado.

Anónimo disse...

Hola, Quería saber se hai límite de idade para participar.
Graciñas

Arela disse...

Non hai límite de idade.
Saúdos.

Anónimo disse...

Dúas cousiñas:

Quixera saber si os posibles textos teñen que ser en galego ao 100%. E que no que tiña pensado mandar perdería parte da gracia se o mandase en galego normativo.

No caso de presentar un deseño, e semple que non se gañe, ¿podería explotar eu a camisola pola miña parte?

Graciñas de antemán.

Arela disse...

A resposta é positiva nos dous aspectos. Os textos teñen que ser en galego, pero isto pode interpretarse nun sentido amplo e deixando lugar para xogos de palabras, etcétera.
As camisetas non premiadas son devoltas aos seus donos e poden facer con elas o que consideren.

Anónimo disse...

Hola, quería saber se a camiseta pode levar unha etiqueta co nome do participante, ademáis de poñelo no sobre pechado como indican as bases do concurso.
Gracias

carolina disse...

hola si envio as camisetas por correo o dia 31 seria valido para entrar no concurso? un saudo

Arela disse...

Si, sería válido.

Anónimo disse...

Hola:
Gostaríame saber cando escomezaredes a poñer as camisolas enviadas no blog para ir vendo a campetencia jeje

un saudiño!

Arela disse...

Nestes momentos estamos no proceso de formación do xurado. A finais de mes terá lugar a deliveración e durante o mes de xullo iremos colocando as imaxes das camisetas no blog.
Arela.

Anónimo disse...

Hola queria saber si xa esta feita a resolucion do concurso de camisetas. Un saudo

Iratxe disse...

Ola!
quisiera saber si para este año organizáis también concurso de camisetas. Si así fuera os agradecería que me indicárais dónde podría consultar las bases o que las enviárais a mi dirección de correo electrónico,
eskerrik asko ; )

Anónimo disse...

gustariame saber se hai edición 2008