1.7.07

Xa temos camisetas gañadoras


Xa temos camisetas gañadoras da 2ª edición de "100% Algodón". O xurado do concurso reuniuse este venres e escolleu como gañadora a camiseta "Eva Xoaniña", presentada por Rebeca Rodríguez González, de Vigo. Como segunda mellor proposta elixiu "O botón da risa", da luguesa Marta Salgado Iglesias.
O xurado estivo formado polos deseñadores Eliseo Álvarez, Bugui García e Begoña Rodríguez, e pola xornalista Teresa Barberena. En total presentáronse 29 camisetas, dos máis variados estilos e técnicas.
As camisetas están expostas ata o 24 de xullo de 2007 na sala de exposicións do Centro Cultural Municipal do Porriño. E tamén as poderedes ver aquí no blog, onde as iremos subindo ao longo deste mes.
Para comezar, aquí tedes as dúas camisetas gañadoras.


1º Premio, Rebeca Rodríguez: "Eva Xoaniña".


2º Premio, Marta Salgado: "O botón da risa".

1 comentário:

Obradoiro Ollobirollo disse...

chulísima a da xoaniña.